InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro tramitou 125 expedientes para esixir o cumprimento da lei contra incendios

Viveiro tramitou 125 expedientes para esixir o cumprimento da lei contra incendios

O Concello facilitou os datos dos trámites realizados no 2018 a partir de denuncias veciñais e de actuacións de oficio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro tramitou 125 expedientes esixindo a particulares o cumprimento da lei contra incendios forestais.

Segundo os datos facilitados polo goberno municipal, en 2018, iniciáronse 50 expedientes requerindo o desbroce e a retirada de especies pirófitas en parcelas situadas en solo rústico e outros 70 en núcleos e solo urbán.

46 expedientes continúan en trámite e 24 foron arquivados ao realizar os titulares as tarefas de limpeza esixidas

Destes últimos, concretan desde o consistorio, 46 continúan en trámite mentras que 24 foron arquivados tras comprobarse que os titulares realizaran as labores requeridas.

Ademais, o concello asumiu a execución subsidaria das tarefas de limpeza en cinco parcelas cuxos titulares non puideron ser localizados.

MAIOR CONCIENCIACIÓN

O concello expón que as cifras “demostran os esforzos realizados polo Concello de Viveiro” para garantir o cumprimento da lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, tras a modificación lexislativa de decembro de 2017.

A rexedora, María Loureiro, incidiu no compromiso do goberno local malia as limitacións dos medios cos que conta para facer un “seguimento dos procedementos iniciados”

A alcaldesa engadiu que a concienciación tanto “por parte dos propietarios das parcelas coma da veciñanza” é maior desde os incendios de outubro de 2017.

Os expedientes iniciáronse a partir de denunciais veciñais e actuacións de oficio das administracións

Os expedientes incoáronse a partir de denuncias veciñais no concello -avisos informais ou escritos- ou ante a Consellería de Medio Rural e o Seprona. Tamén se iniciaron procedementos de oficio por parte de ambas administracións.

NORMATIVA

A normativa modificouse fixando as obrigas dos titulares dos terreos, que deben ter as faixas de protección desbrozadas a 31 de maio,  e marcando as xestión a realizar polas administracións públicas que deben esixir o seu cumprimento.

Así, a lei establece que a administración debe enviar aos titulares unha comunicación recordándolles a obriga de limpar as parcelas e concedéndolles un prazo de entre quince días e tres meses, prorrogable en casos xustificados, para facer os traballos esixidos.

AS tarefas de desbroce e tala de arboredo deben realizarse antes do 31 de maio

En caso de incumprimento, a administración asumirá a limpeza de forma subsidiaria  e poderá repercutir os custos aos propietarios. No caso de que o importe supere o valor catastral da parcela poderá iniciarse un procedemento de expropiación forzosa.

Ademais, os propietarios expóñense a seren sancionados pola Consellería de Medio Rural con multas que, en función da gravidade da infracción, oscilan entre os 100 e os 10.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...